19 ago 2017 22:00

Maimiño e o espello máxico

Cine infantil ao aire libre

Comeza: 19/08/17 | 22:00 | Remata: 19/08/17 | 22:00

Onde: Claustro Barroco (en caso de choiva, no salón de actos do claustro) | Celanova | Ourense

Volver

O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da AGADIC para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros, o primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos). A fita fai unha versión libre do conto infantil Polgariño adaptado por José Martí.

Conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.

 

  • Proxección audiovisual
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística