Volver

Concurso-Exposición Letras Galegas 2017

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2017, Carlos Casares Mouriño, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.
Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.
Como novidade, o profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para o coordinador ou coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2017.