Volver

Lingua de namorar 2017

Convocada unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Establécense dúas catgorías de participación e tres premios por cada unha:

Categoría A: de 14 a 19 anos

  • Primeiro premio: Smartphone Wiko 5'' Qcore3, 16 GB
  • Segundo premio: Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM
  • Terceiro premio: Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD

Categoría B: de 20 a 35 anos

  • Primeiro premio: Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi
  • Segundo premio: Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB
  • Terceiro premio: Smartwatch SPC 9616T

Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes en lingua galega cunha extensión máxima de 350 caracteres antes do 5 de marzo de 2017. Todos os textos presentados serán publicados na páxina do concurso identificados co seu título e mais cun número.

Do 6 ao 10 de marzo abrirase un prazo para votar por un máximo de 3 mensaxes de cada categoría. O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras entre as 50 mensaxes máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías.