Volver

XXI Certame de Poesía Concello de Carral

O Concello de Carral, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca a vixésimo primeira edición do seu certame de poesía.

A el poderán optar todos os autores e autoras maiores de idade e de calquera nacionalidade que non gañasen o certame nas oito edicións anteriores e que presenten unha peza inédita dunha extensión mínima de 500 versos escrita en lingua galega. As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral e o prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 7 de abril de 2018.