Volver

I Premio Morales para a Promoción do Galego no Bierzo

O prazo de presentación de traballos rematará o 21 de xuño de 2018.
  • I Premio Morales para a Promoción do Galego no Bierzo

    I Premio Morales para a Promoción do Galego no Bierzo

No marco do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo, convócase o galardón I Premio Morales para a Promoción do Galego no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos, cos obxectivos de dinamizar a lingua galega e poñer en valor a figura de Antonio Fernández Morales, autor berciano. A el poderán concorrer, en tres categorías diferentes, os 19 centros de estudo do galego desta área galegofalante dos territorios de León e Zamora.

- Categoría A (Debuxando o poema): dirixido ao alumnado de ensino infantil ou primario

- Categoría B (Contando, poetizando e dramatizando o poema): dirixido ao alumnado de ESO e bacharelato

- Categoría C (Contando, poetizando e dramatizando o poema): dirixido ao alumnado a partir de 18 anos que curse estudos, ben de galego, ben de portugués na EOI de Ponferrada

En todos os casos o alumnado participante debe estar adscrito ao programa e as creacións seren inéditas, orixinais e inspiradas no poema “Os magostos” do devandito autor.

A iniciativa conta tamén coa colaboración da Comisión Cultural Martín Sarmiento, da Xunta de Galicia, da Junta de Castela e León, do Consejo Comarcal de El Bierzo, do Instituto de Estudos Bercianos, do Grupo As Médulas, da Real Academia Galega e de Edicións Positivas.

O prazo de presentación de traballos rematará o 21 de xuño de 2018.