Volver

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.

Poderán concorrer ao certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño". Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago.

Haberá un único premio consistente en 1.500 €, diploma acreditativo e publicación da obra.

O prazo de admisión de solicitudes ábrese o 22 de maio de 2019 e péchase o 24 de agosto do mesmo ano.