Volver

Plan de dinamización da lingua galega na mocidade

 A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, está poñendo en marcha o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, un proxecto co que pretende incrementar a utilización do galego entre a xente nova

  • Plan de dinamización da lingua galega na mocidade

    Plan de dinamización da lingua galega na mocidade

A Xunta elaborou este plan coa participación activa e o compromiso das administracións e entidades públicas e organizacións sociais que interveñen no ámbito da mocidade, para que, coa implicación de todos, se cree unha dinámica de actuación encamiñada a poñer en marcha iniciativas dirixidas a aumentar o uso do galego entre mozas e mozos.

O 3 de xullo de 2019, o secretario xeral da Lingua compareceu a peticición propia na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia para presentar o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022.