A Secretaría Xeral de Política Lingüística participa en Donostia no Foro Europeo da Diversidade Lingüística

Volver
  • Foro Europ da Diversidade Lingüística

Donostia (Euskadi), 16 de decembro de 2016.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística, representada na súa subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, Elvira García, participou en Donostia no Foro Europeo da Diversidade Lingüística, un evento promovido pola Fundación Donostia/San Sebastián 2016 Capital Europea da Cultura e UNESCO Etxea - Centro Unesco de Euskadi. O encontro congregou axentes, entidades e especialistas que traballan na defensa e na promoción das linguas minoritarias europeas e acolleu durante dous días relatorios, conferencias e debates en diverso formato.