Valentín García participa en Vila de Cruces na presentación de 'Tal como eramos'
VolverVila de Cruces (Pontevedra), 11 de febreiro de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no Auditorio Bernardo García del Río na presentación do libro de fotografías antigas Tal como eramos. A nova obra sae do prelo baixo tirada limitada da man de Teófilo Edicións e nela a Asociación Amigos da Ponte Ledesma recompila fotografías antigas de Añobre, Brandomés, Camazo, Camporrapado, Cifa, Gres e Ponte Ledesma.