Valentín García participa no acto institucional das Letras Galegas no concello de Ourense

Volver
  • O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe en Ourense no acto de homenaxe a Carlos Casares

Ourense, 16 de maio de 2017.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á mañá no acto de homenaxe a Carlos Casares que organizou o Concello de Ourense con motivo da celebración das Letras Galegas 2017, no marco do que a institución nomeou o escritor ourensán fillo predilecto da cidade e colocou un busto conmemorativo del, obra de Xosé Cid, na Praza do Bispo Cesáreo.