Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco reciben os XVII Premios San Martiño de Normalización

Volver
  • Codeseda Viva, Carme Vaquero e Mario Franco recibiron onte na Estrada os XVII Premios San Martiño de Normalización​​

  • O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de entrega dos galardóns, que se celebrou este serán no Teatro Principal estradense
  • Os premios, convocados pola asociación O Brado, recoñecen persoas e colectivos que destacan no seu labor de promoción do galego
A Estrada (Pontevedra), 14 de novembro de 2017.-O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos XVII Premios San Martiño de Normalización que se celebrou no teatro Principal da Estrada este serán. No curso do acto, recibiron o galardón a Asociación Codeseda Viva na modalidade A Estrada e comarca de Tabeirós-Terra de Montes; Carme Pérez Vaquero, na de Galicia Enteira, e Mario Franco Rodríguez, na de Toda unha vida de defensa do galego.

Valentín García quixo recoñecer na súa intervención “o labor dos premiados, que son persoas e entidades próximas para min, pero tamén o da asociación convocante, que leva dezasete anos lembrándonos que o traballo a prol da lingua galega é algo que a sociedade debe valorar, porque repercute positivamente en todos nós”.

A canda o secretario xeral de Política Lingüística, no acto interviñeron o alcalde da Estrada, José López Campos; Marcos Pérez Cachafeiro, membro da asociación Codeseda Viva, e os outros dous galardoados: Carme Vaquero e Mario Franco.

Patrimonio, literatura e extensión social da lingua

A Asociación Codeseda Viva (codeseda.com) comezou a súa andaina no ano 2.000 e dedica a súa actividade a recoller documentos e datos relativos ao patrimonio e á historia do seu contorno. Na actualidade céntrase en documentar o camiño da Geira Miñoto Arrieiro que, partindo de Braga (Portugal) remata en Santiago de Compostela.

Carme Pérez Vaquero é xurista e leva máis de 25 anos facendo un labor ás veces calado, sempre trascendental, a prol da lingua galega. Forma parte de entidades como a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, creada en 1982, e doutras integradas no colectivo Galeguizar Galicia, grazas a cuxo traballo se vai prestixiando a lingua galega en espazos onde antes estaba excluída.

Mario Franco Rodríguez é autor de novelas en galego como “Terranova”, “A derradeira campaña do capitán Samuel”, “A capela maldita” ou “A liberdade perigosa”, que comezou a escribir a partir da súa xubilación e que recollen as experiencias dunha rica traxectoria vital.