Valentín García participa na presentación da nova saqueta emocional

Volver
  • Presentación da nova saqueta emocional
  • Presentación da nova saqueta emocional

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe hoxe no acto de presentación do novo material didáctico deste proxecto de innovación educativa específico para a infancia usuaria das aulas hospitalarias de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos

Ferrol, 13 de maio de 2021.- Coincidindo co Día do Neno Hospitalizado, que se celebra hoxe, o secretario xeral de Política LIngüística, Valentín García, participou no acto de presentación do novo proxecto de innovación educativa específico para a infancia usuaria das aulas hospitalarias de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos: a saqueta emocional. Trátase dun conxunto de materiais didácticos cos que se quere contribuír ao fomento da expresión das emocións das nenas e nenos hospitalizada a través da arte, da comunicación lingüística e da aprendizaxe xeral en lingua galega.

García Gómez felicitou ao equipo responsable do proxecto “que nace coa vontade e o compromiso de ensinar, aprender e traballar as emocións durante as estadías hospitalarias da nosa xente miúda dunha maneira lúdica que ten sempre como referencia a lingua galega”.

Participaron canda el na presentación Ángel Facio, xerente da Área Sanitaria de Ferrol; Juan José González, subdirector de Humanización, Calidade e Atención á Ciudadanía do CHUF; Manuel Losada, director do CFR de Ferrol; Pilar Porta, coordinadora pedagóxica do proxecto e Ana Roel, directora do IES de Leixa de Ferrol, centro que deseñou os materiais e o contedor da saqueta.