Valentín García asiste en Vigo ao concerto de presentación de Cantos de terra e sal
VolverVigo, 12 de xuño de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe pola tarde no Museo do Mar de Galicia ao concerto de presentación de Cantos de terra e sal, o novo proxecto de Carmen Penim que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.