Valentín García inaugura a exposición que Xosé L. Seara presenta ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21
VolverCambados, 12 de xullo de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na inauguración da exposición de pintura, debuxo e cerámica Camiño Longo, do pontevedrés Xosé Luis Seara. No acto, que incluíu unha visita guiada, interviñeron tamén Tino Cordal, concelleiro de Cultura de Cambados, e o propio artista.
A exposición, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 29 de agosto no Pazo Torrado, forma parte da segunda convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, enmarcado dentro do Plan de Reactivación Cultural da Xunta de Galicia. A entrada será de balde e os horarios de visita de 11.30 a 13.30 h e de 18.00 a 21.00 h, de martes a venres, e de 18.00 h a 21.00 h os sábados, os domingos e os festivos.