Volver

Valentín García participa na presentación da obra Vedra, unha historia visual

Vedra (A Coruña), 28 de xullo de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao serán na presentación da obra Vedra, unha historia visual, de Henrique Neira Pereira. O acto celebrouse na nave da Estación de Ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla e tamén contou coa participación do autor e do rexedor municipal, Carlos Martínez.