Volver

Valentín García asiste ao concerto que a Banda de Música Municipal da Estrada presenta ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

San Lorenzo de Sabucedo (A Estrada), 27 de agosto de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu hoxe ao concerto “A Rapa das Bestas” que a Banda de Música Municipal da Estrada realizou ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. A actuación, enmarcada dentro da festividade da Rapa das Bestas, tivo lugar no curro de Sabucedo, onde tamén estiveron presentes o alcalde da Estrada, José Carlos López Campos e o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo Vicente.