O documental “Cantos na Maré” recolle os 16 anos da historia deste festival co que colabora a Xunta de Galicia

Volver

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021-. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta tarde na presentación do documental “Cantos na Maré”, unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia que recolle a historia e traxectoria do festival internacional de música lusófona- que chega mañá a Compostela na súa 17º edición- dende os seus inicios ata a hoxe. Canda Valentín García tamén estiveron presentes no acto, que acolleu o Pazo de San Roque, Víctor Belho, de Nordesía producións e promotor de Maré 21, e Uxía, directora do documental. O documental poderá verse a partir de hoxe na ligazón www.lingua.gal/cantos-na-mare