A Xunta e Edicións Fervenza publican un libro que reúne por primeira vez os textos orixinais e inéditos da Carta Fundacional de Baiona e de Monte Real

Volver

Baiona (Pontevedra), 16 de outubro de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación do volume Cartas de Poboamento inéditas de Baiona e Monte Real, da autoría de Avelino Sierra, editado por Edicións Fervenza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A obra ofrece por primeira vez os textos orixinais e íntegros da Carta Fundacional de Baiona, outorgada en 1201 por Afonso IX, e da de Monte Real, concedida polos Reis Católicos no 1497. Canda Valentín García tamén interviñeron no acto, que acolleu o Hotel Baía de Baiona, o autor do libro e Manuel Núñez, de Editorial Fervenza.