A Xunta e o Cable Inglés presentan a serie documental “Museo a Ceo aberto”

Volver

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2022.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación da serie documental Museo a ceo aberto, realizada pola cooperativa O Cable Inglés ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Estruturada en sete capítulos dunha duración aproximada de 20 minutos, esta serie mapea as principais mostras de arte urbana de Galicia, onde nos últimos anos foron xurdindo artistas, iniciativas e eventos que conseguiron xerar auténticas transformacións na paisaxe urbana das cidades, creando auténticos museos a ceo aberto.

Canda Valentín García tamén estiveron presentes a guionista da serie documental, Marián Fernández, e Cristina Labandeira, ambas as dúas membros da cooperativa O Cable Inglés.

A serie está dispoñible no Portal da Lingua Galega e na canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística.