A Xunta e a AELG presentan o proxecto A literatura galega nas súas voces
VolverSantiago de Compostela, 5 de abril de 2022.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, presentaron esta mañá no compostelán Pazo de San Roque o proxecto A literatura galega nas súas voces, impulsado pola AELG ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. En total, a iniciativa ofrece 100 pezas audiovisuais de menos de 15 minutos de duración cada unha en que escritoras e escritores das nosas letras len fragmentos significativos das súas obras coa intención de que supoñan un documento valioso que resuma a súa obra e, á súa vez, ofreza valoracións das ditas personalidades sobre a creación, a cultura e o pensamento en xeral.
A lista de reprodución dos vídeos, ordenados por orde alfabética segundo o nome do persoeiro ou persoeira, poderá verse no Portal da Lingua Galega e na canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística.