O Porriño (Pontevedra), 24 de maio de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu este venres á xornada do XXI Festival de Cine de Cans, no Porriño, que se desenvolve nesta edición do 21 ao 25 de maio.
Entre outros, Valentín García compartiu tempo co alumnado do CEIP Padre Feijoo de Allariz, gañadores do concurso “Nós tamén Creamos” coa curtametraxe “Sígueme” e coa actriz María Vázquez, Premio Pedigree de Honor do Festival de Cans 2024.