Valentín García participa na entrega do Premio á Galeguidade Empresarial 2024
VolverNun evento organizado polo Foro Enrique Peinador.
Lalín, 25 de maio de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este sábado 25 de maio no acto de entrega do Premio a Galeguidade Empresarial, organizado polo Foro Enrique Peinador, á empresa Embutidos Lalinenses nas súas instalacións en Lalín.
O evento, organizado polo Foro Enrique Peinador, contou tamén coa presenza do seu presidente, Xosé González Martínez, do alcalde de Lalín, José Crespo, do conselleiro de Educación, Román Rodríguez e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outros. Durante o mesmo acto proxectouse tamén o documental que recolle a traxectoria desta empresa familiar que acaba de celebrar o 75 aniversario da súa fundación.