O secretario xeral da Lingua presenta o ciclo "Un mes e pico. Xeoloxía e Astronomía no Pico Sacro”
VolverNova edición do evento no Concello de Boqueixón.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024.- Durante o mes de xuño o Concello de Boqueixón acollerá unha nova edición deste evento cultural, ‘Un mes e pico’, que combina conferencias, visitas teatralizadas, rutas arqueolóxicas e outras actividades. Esta sexta edición foi presentada este mércores polo secretario xeral da Lingua, Valentín Garcia, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato.
O programa en 2024 inclúe, entre outros, a conferencia "O Pico Sacro visto con ollos xeolóxicos", a cargo de Francisco Canosa Martínez, quen conducirá tamén a visita guiada titulada "Un paseo xeolóxico pola contorna do Pico Sacro", unha observación astronómica con Jorge Mira baixo o lema "A noite do solsticio dende a tumba do dragón" ou o evento "Cerimonia do lume sagrado", coa actuación de Son de Gaita.