Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este venres no acto de entrega dos VI Premios de Podcast Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos contos.
A convocatoria destes Premios de podcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, serviu nesta edición para conmemorar o 90 aniversario da radio en Galicia.
O proxecto, apoiado pola Xunta, impulsa a produción e difusión de material audiovisual en galego e portugués ao tempo que recorda e homenaxea a figura de Xose Mosquera, locutor radiofónico, profesor e galeguista que popularizou o personaxe O Vello dos contos na radio compostelá.