O secretario xeral da Lingua participa na presentación de Cruz de Poesía
VolverNo Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024.- O volume Cruz de Poesía, da autoría de Juan Liñares e publicado por Edicións Fervenza, foi presentado este martes 18 de xuño en Santiago de Compostela, nun evento no que participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García. Acompañando o autor nesta presentación estiveron tamén o profesor, escritor, investigador e crítico literario Armando Requeixo e a profesora e escritora Rosalía Morlán.
Cruz de Poesía foi definido como un poemario íntimo no que o autor afonda en inquedanzas, momentos vividos ao longo da súa vida, experiencias propias e alleas, “pequenas fábulas que pretenden educar ao través dun ton moralizador”, tomando inspiración dun amplo abano de autores, desde Rosalía de Castro ata Luísa Villalta, pasando por Manuel María ou Pablo Milanés. O libro está ilustrado con pinturas de Dosinda Alonso Pájaro, artista recentemente finada.