O Xacobeo Pádel Tour promoverá a lectura en galego

Volver

O secretario xeral da Lingua participa na presentación da terceira edición.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024.- O III Xacobeo Pádel Tour, circuíto deportivo que se desenvolve nas provincias da Coruña e Pontevedra presentouse este xoves 27 de xuño en Santiago de Compostela. O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou no evento.

Este circuíto deportivo, o único en Galicia na súa especialidade, comezará o 28 de xuño e rematará o 25 de setembro, contando coa participación de máis de 1.500 deportistas. De xeito paralelo haberá diversas actividades e será tamén obxectivo a unión de deporte e cultura, co fomento da lectura en galego e o reparto de libros a todas as persoas inscritas.