O secretario xeral da Lingua participa na presentación do facsímile conmemorativo dos 40 anos do traslado dos restos de Castelao

No Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024.- A Fundación Castelao, en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, presentou unha edición conmemorativa dos 40 anos do retorno de Castelao a Galicia, deseñado por Niko Alvarellos, con forma de facsímile co documento “Castelao, Nacionalista Galego” de Uxío Novoneyra e a súa transcrición, acompañado dun estudo histórico de Miguel Anxo Seixas Seoane e unha carta de Tareixa Navaza, coas lembranzas daquela xornada histórica.

A iniciativa, presentada polo secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e representantes das fundacións responsables da iniciativa, enmárcase no programa de actos do 40ª aniversario da Volta de Castelao a Galicia.

Imaxes relacionadas