Valentín García asiste á presentación do vídeo participativo das asociacións socioculturais de Bugallido

Volver

Gravado durante o mes das Letras Galegas.

Ames, 28 de xuño de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou este venres no evento de presentación do vídeo flashmob que elaboraron as asociacións veciñais e culturais de Bugallido, en Ames. Cunha longa traxectoria de dinamización no ámbito do rural, os colectivos organizaron o pasado 17 de maio a Carballeira das Letras.

A celebración, que contou coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, incluíu obradoiros sobre Luísa Villalta, un xantar campestre con foliada e a gravación dun vídeo a partir do tema "Chea de vida" de Guadi Galego, unha acción colectiva na que confluíron música, lingua e arte. No mesmo acto deste venres no centro cultural A Mahía tamén se presentou o novo logotipo deseñado para identificar de maneira conxunta as asociacións locais.