O secretario xeral da Lingua asiste á presentación da primeira coroación canónica en galego na diocese de Lugo

Volver

No Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024.- O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da primeira coroación canónica en galego na diocese de Lugo. O evento terá lugar o próximo 9 de setembro, en Quiroga, cando está prevista a presentación dos deseños que engalanarán a Virxe dos Remedios da Ermida.