O secretario xeral da Lingua participa na homenaxe a Francisco Asorey

Volver

No Panteón dos Galegos Ilustres.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou este martes 2 de xullo, no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, nunha homenaxe a Francisco Asorey no 63 aniversario do seu pasamento. A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle este ano 2024 o Día das Artes Galegas, celebrado o pasado 1 de abril, ao escultor cambadés. A Xunta uniuse a esta homenaxe con varias propostas co obxectivo de achegarlle a figura do escultor a público adulto e infantil e reivindicar a importancia do artista na cultura galega.