Valentín García participa na presentación do Festival Castro Galaico de Nogueiró
VolverA XIV edición do festival celébrase entre o 11 e o 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024.- O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu este luns 8 de xullo a presentación da XIV edición do Castro Galaico-Festival de Nogueiró, que terá lugar os días 11,12, e 13 de xullo, no Monte da Nossa Senhora da Consolação, en Nogueiró (Braga). Alén das propostas musicais, o festival ofrece recreacións históricas e diversos eventos culturais.
Na presentación participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez. O festival, organizado polo Grupo Canto D’Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, conta co apoio da Xunta de Galicia e conta tamén co apoio da União de Freguesias de Nogueiró e Tenões e da Câmara Municipal de Braga. Asistiron tamén João Tinoco (Presidente da União de Freguesias de Nogueiró e Tenões), Jaime Torres (director do Grupo Canto d’Aqui), Alberto Paz-Félix (lector do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho) e os músicos Óscar Ibáñez e MJ Pérez.