O secretario xeral da Lingua asiste á presentación do libro Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey

Volver

Con textos de Paco López-Barxas e ilustracións de Acisclo Manzano.

Ourense, 10 de xullo de 2024.- “Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa? Por que ten ese nome tan raro? A quen lle gusta xogar á billarda? En que falan os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos? De que lugar saíron para percorrer o mundo detrás dunha roda? Que trasgos se agochan debaixo dun maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos? O bosque de Ben-Cho-Shey esconde segredos que ninguén coñece. Pero, cales son? Os segredos non se contan; descóbrense nestas páxinas, seguindo os pasos de Loaira e Lislé, dous dos protagonistas desta historia”.

Os segredos do bosque de Ben-cho-Shey, da autoría de Paco López-Barxas e ilustrado por Acisclo Manzano, presentouse este mércores 10 de xullo no Liceo de Ourense. Acompañando a autor e ilustrador estiveron o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e Xosé M. Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia.