A revista Olga réndelle tributo a Fermín Bouza-Brey e Fermín Bouza Álvarez co apoio da Xunta

Volver

O secretario xeral da Lingua participou na presentación do 13º número da publicación.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este luns en Santiago de Compostela na presentación dunha nova edición de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid. Co título “Bouzas grandes”, nesta ocasión, a revista é homenaxe para Fermín Bouza-Brey e seu fillo Fermín Bouza Álvarez.

No evento, celebrado na libraría Couceiro, estiveron tamén os escritores Xosé Ramón Fandiño, Vicente Araguas, director da revista, e Manuel Pereira Valcárcel, secretario da publicación.