O secretario xeral da Lingua asiste á sesión solemne da Academia Xacobea
VolverNo ingreso de novos membros da institución.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024.- Na sesión solemne celebrada en Santiago de Compostela este martes 16 de xullo materializouse o ingreso de catro novos membros académicos na Academia Xacobea: Pilar Vázquez Janeiro, Piotr Roszak, Manuel Lázaro e John Rafferty.
O secretario xeral da Lingua destacou o papel da entidade na promoción e defensa dos valores e tradicións vencellados ao Camiño de Santiago e felicitou os novos membros da institución presidida por Xesús Palmou. Valentín García Gómez tamén subliñou o importante papel da Academia na difusión da cultura e da lingua propias de Galicia.