Valentín García participa na homenaxe ao doutor Agustín Sixto Seco
VolverDescuberta dunha placa en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024.- “Agustín Sixto Seco (1926-2004). Médico e valedor da cultura e lingua galegas”. Este é o texto da placa colocada á beira do busto en bronce coa efixie do médico e intelectual galeguista quen, entre outros, presidiu o Padroado Rosalía de Castro e a Fundación Otero Pedrayo.
Ao evento de lembranza, impulsado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, asistiu o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez. No acto participaron familiares de Sixto Seco, entre outros, as súas fillas e irmá. A placa conmemorativa pode atoparse na que foi a súa casa, en Santiago de Compostela, na confluencia das rúas Ourense e Antonio Casares.