Valentín García asiste á clausura da XXXIV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
VolverFinalizan as actividades organizadas pola Real Academia Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024.- A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu este mércores 24 de xullo o peche dos Cursos Galego sen fronteiras. Neste acto de clausura realizouse a entrega dos diplomas ao máis de medio cento de estudantes que participaron nesta XXXIV edición, chegados desde diversos países de Europa, Asia e América.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no evento,onde estiveron tamén o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei. o director dos Cursos, Henrique Monteagudo e a profesora Ana Fachal.