O secretario xeral da Lingua asiste á presentación do libro Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
VolverObra de Severino Fernández Abel.
Boqueixón, 26 de xullo de 2024.- Os contos e historias arredor da lareira marcaron a infancia do autor e a súa forma de entender o pasado da sociedade que nos rodea. Isto, unido á formación académica e profesional, serán os motivos polos que a partir desa tradición oral, co paso dos anos, se enganchará á querenza pola súa investigación histórica.
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?, de Severino Fernández Abel e publicado pola editorial Medulia, foi presentado este venres 26 de xullo en Boqueixón, no Centro de Interpretación do Picro Sacro de Lestedo, en Boqueixón. Co autor estiveron, ademais do secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e Amancio Liñares Giraut, escritor e profesor de Xeografía e Historia.
Nas 18 historias incluídas no volume “mestúrase a sinxela narración de vivencias (propias ou de achegados), a regrada investigación sobre relatos persoais e a narración máis a indagación sobre contos de moi diversa procedencia”.