Valentín García presenta os carteis oficiais dos concertos de verán en Mos

Volver

Música galega e en galego para o verán de Mos.

Mos, 29 de xullo de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu este luns 29 de xullo á presentación dos carteis oficiais dos concertos de verán en Mos. O ciclo de tres concertos, que veñen da man da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, comezará o vindeiro sábado 3 de agosto con A Roda para celebrar o Patrón local, San Mamede.

No evento de presentación, Valentín García estivo acompañado da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, a concelleira da parroquia de Tameiga e deputada autonómica, Feli Rodríguez, e o edil da parroquia de Cela, Evaristo Ucha. Tamén estiveron membros das directivas da Comisión de Festas de Torroso, Virxe das Neves, en Herville, e Asociación Cultural San Martín de Tameiga.

Os concertos, subvencionados integramente pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, serán os seguintes:

  • 3 DE AGOSTO, Concerto de A RODA, con motivo das festas do Patrón de Mos, San Mamede, en Torroso.
  • 4 DE AGOSTO, Concerto de TREIXADURA, con motivo das festas da Virxe das Neves, en Herville.
  • 14 DE SETEMBRO, Concerto de MALVELA, coa colaboración de UXÍA, en Costoias, Tameiga.

Todos terán entrada de balde e celebraranse ás 22h, agás o de Malvela coa colaboración de Uxía que será ás 20h.