Valentín García participa na presentación do libro Alexandre Bóveda, Lume Vivo acesa chama
VolverPoio, 16 de agosto de 2024.- Alexandre Bóveda, Lume Vivo acesa chama, da autoría de Xan Leira e editado por Memoria Documental de Galicia na colección Memoria Viva, rescata unha selección de voces e interpretacións da obra de Alexandre Bóveda. Entre outras, as de Lois Tobío, Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego, Henrique Rabuñal ou Valentín García Bóveda.
A presentación deste volume celebrouse no Casal de Ferreirós, en Poio, na véspera do acto institucional do Día da Galicia Mártir, que se celebrará o 17 de agosto no monumento a Alexandre Bóveda, na Caeira. Con Xan Leira, participaron na presentación o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes.