O secretario xeral da Lingua participa na clausura das xornadas Sanxenxo na Historia

Volver

Sanxenxo, 30 de agosto de 2024.- A xunta directiva da Asociación de Estudos Locais de Sanxenxo (AELOS) acordou por unanimidade, con motivo dos quince anos da organización das xornadas Sanxenxo na Historia, outorgar un recoñecemento institucional ás institucións e entidades que ao longo destes tres lustros colaboraron co seu desenvolvemento.

Recibiron este recoñecemento institucional a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, Afundación, a ex-alcaldesa Catalina González Bea, o ex-alcalde Gonzalo Pita e o actual alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. O evento de entrega deste recoñecemento tivo lugar o venres 30 de agosto, no transcurso da gala de entrega do Premio Sanxenxo na Historia, outorgado nesta 15ª edición á asociación fotográfica Ollares de Portonovo.