Lalín (Pontevedra), 12 de setembro de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou a Santiago Gómez Fuentes, Xoán Carlos García Porral e Gabriel Iglesias Sanmartín na presentación do libro O tesouro do Castro da Veiga, cuxa edición apoia a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O acto celebrouse no Museo Ramón María Aller.