Valentín García asiste ás Tres Negreira de Galicia

Volver

Negreira (A Coruña), 14 de setembro de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu hoxe á tarde ao acto As tres Negreira de Galicia, que acolleu a Casa do Concello de Negreira. A celebración, que se celebra por segundo ano por iniciativa do historiador e investigador Xosé Amancio Liñares, ten como finalidade poñer en valor o topónimo Negreira, que alude á vexetación escura ou terra negra e que se repite unicamente en tres puntos da xeografía galega: Negreira, Santa Comba e A Estrada.