A Xunta participa en Ribadavia na entrega dos XVI Bacelos de Prata

Volver

Ribadavia (Ourense), 5 de outubro de 2024.- A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral da Lingua, Valentín García, e no seu director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros, participou hoxe ao mediodía no acto de entrega dos XVI Premios Bacelos de Prata á adega Pazo Lalón e á empresa láctea Kaléikoi. No acto, celebrado na adega do Pazo dos Ulloa, participaron tamén o alcalde, César Fernández; o presidente da Asociación Álvaro de las Casas, Avelino Muleiro, e mais a presidenta do Consello Regulador, Concepción Iglesias.