Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé fanse cos Premios Xerais de Novela 2024

Volver

Vigo, 26 de outubro de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu este sábado no Museo do Mar de Galicia ao acto de entrega dos Premios Xerais 2024. As obras Detective FerruchiI’m Obélix e Milú e o edificio das persoas extraordinarias resultaron gañadoras do XLI Premio Xerais de Novela, o XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil. As autoras dos textos son Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, respectivamente. Cada un dos galardóns ten unha dotación de 10.000 euros.