A Coruña, 31 de outubro de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou á escritora coruñesa Enma Pedreira na presentación da obra As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos, que sae do prelo de Baia Edicións co apoio da Xunta de Galicia. O acto celebrouse no espazo cultural Portas Ártabras.