Valentín García participa na entrega do premio da XVIII edición do Certame Condado de Pallares
VolverGuntín (Lugo), 29 de novembro de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe á tarde no acto de entrega do premio do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares a María de los Ángeles Verea pola obra A explotación de arxila e a súa transformación nas terras do Condado de Pallares. O galardón, que se entregou na Casa da Cultura de Guntín, está promovido pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, coa colaboración da Xunta de Galicia, dos concellos de Guntín, Taboada e Chantada, da Deputación de Lugo, da Caixa Rural Galega e dos grupos de desenvolvemento rural Comarca de Lugo e Miño-Ulla.