Valentín García acompaña a Rosalía Morlán na presentación da obra O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros
VolverSantiago de Compostela, 20 de decembro de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou hoxe á escritora Rosalía Morlán Vieites na presentación do libro infantil ilustrado O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros, publicado por Edicións Fervenza. O acto, celebrado no Salón Teatro, contou co acompañamento musical da Coral de Habaneiras da Rocha Forte.