Leria e A Banda da Loba. Día dos Medios en Galego

A Coruña, 5 de febreiro de 2025.- Con motivo do Día dos Medios en Galego - que conmemora a primeira publicación monolingüe en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876 - AMEGA (Asociación de Medios en Galego) organiza un concerto de Leria e A banda da Loba, dous grupos que conxugan os valores e a esencia desta celebración. Será o venres 7 de febreiro a partir das 21:30 horas. 

As entradas (7€) están á venda en entradium.com

Imaxes relacionadas