Valentín García participa na conmemoración do 125º cabodano de Alfredo Brañas
VolverCarballo (A Coruña), 20 de febreiro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe á tarde no acto de homenaxe a Alfredo Brañas polo seu 125º cabodano. O acto celebrouse diante da casa natal do xurista, xornalista e político carballés, pai do rexionalismo galego.