Valentín García acompaña a Antonino Nieto na presentación da obra A lingua do anxo ou carrusel de poemas con viño
VolverSantiago de Compostela, 22 de abril de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou a Antonino Nieto na presentación do poemario A lingua do anxo ou carrusel de poemas con viño. Participaron canda eles, Alfredo Conde, Xosé Perozo e Claudio Rodríguez Fer, nun acto que acolleu a Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela.